PRÓXIMO CONGRESO DE FEDERACIÓNS E CLUBES DEPORTIVOS
Co inicio do 2023 convocarase un gran congreso, organizado pola Asociación Galega de Xestión Deportiva coa colaboración da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela, que reunirá a federacións e clubes. Este congreso terá lugar o 17 de marzo en Santiago de Compostela, co fin de analizar e debatir as necesidades do Terceiro Sector do Deporte. Por este motivo, convidámoste a participar en dito evento e, a través deste breve cuestionario, enviar as túas propostas que servirán para dar un enfoque adecuado ao contido programático do congreso. 

Os datos obtidos a través deste formulario empregaranse para afinar o programa do evento, así como para ter en conta as características do público interesado no mesmo (tipo de entidade, tamaño, organigrama, etc.) co obxectivo de que o congreso sexa o máis específico e apropiado posible. Ademais, tamén se utilizarán (baixo consentimento explícito) para comunicar á entidade a apertura do prazo de inscrición e toda a información relativa ao congreso. 

O ENVÍO DESTE CUESTIONARIO ANTES DO 16 DE XANEIRO
COMPORTARÁ UN 20% DE DESCONTO SOBRE A CUOTA DE INSCRICIÓN
Sign in to Google to save your progress. Learn more
Next
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy